A administración apostólica de Harbin é unha sé da Igrexa Católica Latina.

Territorio O seu territorio abrangue parte de Heilongjiang. A sé está na cidade de Harbin, onde está a catedral do Sagrado Corazón.

Historia A administración apostólica foi erixida o 28 de maio de 1931 en territorios da diocese de Vladivostok.

Por mor da situación que vive a Igrexa na República Popular da China, coa creación da gobernamental Asociación Católica Patriótica Chinesa, a sé ten estado vacante até o ano 2011. Nese período, o goberno chinés nomeou entre 1959 e 1992 un administrador apostólico da ACPC, non aceptado pola Igrexa.

En 2011 foi nomeado administrador apostólico Xosé Zhao Hong-chun, non pertencente a ACPC. Porén, en 2012 o goberno volveu nomear un administrador apostólico da ACPC, permanecendo Zhao Hong-chun detido até a consagración do bispo da ACPC.

Episcopoloxio Celso Benigno Luigi Costantini (28 de maio de 1931 - 28 de novembro de 1933, renuncia) Mario Zanin (7 de xaneiro de 1934 - 1946, nomeado nuncio en Chile) 1946 - 2011: Sé vacante. Xosé Zhao Hong-chun (decembro de 2011 - actualidade)

Categoría:Divisións territoriais católicas na China Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica latina