Kenneth I de Escocia, coñecido na súa época como Cináed mac Ailpín (gaélico moderno: Coinneach mac Ailpein), e tamén pola súa forma anglicizada Kenneth MacAlpin, nado en 810 e finado o 13 de febreiro de 858, foi rei dos pictos e segundo a tradición está considerado o primeiro rei dos escoceses, levando o alcume An Ferbasach ("o Conquistador")Skene, William Forbes, ed. (1867), Chronicles of the Picts, Chronicles of the Scots, and Other Early Memorials of Scottish History, Edinburgh: Edinburgh General Register House, p. 83. e o fundador da dinastía que gobernou Escocia por gran parte do período medieval, e que pasou á monarquía británica. Traxectoria Designado rei de Dalriada durante catro anos, axudouse da súa condición de fillo de escocés e picto para conquistar o país dos pictos e proclamarse o seu rei tras a destrución do seu reino polos viquingos no ano 843, pero non hai rexistros contemporáneos sobre a súa coroación. Mantivo unido o reino malia os ataques dos anglos en Strathclyde e dos viquingos no norte. A fonte máis importante sobre Kenneth é a Crónica dos reis de Alba de principios do século XI, que abrangue de Kenneth ao remate do século X mentres a data da súa morte procede da Crónica de IrlandaAlex Woolf (2007) From Pictland to Alba 789~1070 The New Edinburgh History of Scotland. Edinburgh University Press, Edinburgh ISBN 978-0-7486-1234-5, pp93-98. Notas

Categoría:Nados en 810 Categoría:Finados en 858 Categoría:Reis de Escocia