Manolo Paz Mouta, nado en Castrelo, Cambados en 1957, é un escultor galego. miniatura|"Menhires", no Parque escultórico da Torre de Hércules (A Coruña). Traxectoria Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi mestre na Escola de Canteiros de Poio. De oficio canteiro, nas súas obras traballa mormente o granito galego. Os seus traballos reflicten unha conciencia antropolóxica, que aparece definida na pedra. Á súa vez mostran un paganismo lírico e telúrico propio das vellas culturas, que posteriormente se trasladou ó románico e barroco galego.

No ano 2011 foi nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.

Premios Recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas en 2011.

Véxase tamén

Bibliografía

Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia.

Artistas Escultores. VI Expresionismos-Abstraccións. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-96070-87-5.

Ligazóns externas Páxina da Fundación Manolo Paz .

Categoría:Escultores de Galicia Categoría:Premios da Cultura Galega Categoría:Membros da Real Academia Galega de Belas Artes Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1957