dereita|miniatura|Unicorniboot en 2009. Unicornibot foi unha banda galega de math rock instrumental procedente de Pontevedra e formada no ano 2008. O grupo separaríase en decembro do ano 2014 tras editar tres álbums de estudio, Hare Krishna (2010), Dalle! (2012) e Mambotron (2013).
Traxectoria No mes de febreiro de 2010 a banda gravou o seu álbum de estrea, Hare Krishna, no estudio Brazil en Rivas-Vaciamadrid con Javier Ortiz. O disco foi masterizado no estudio Chicago Mastering Service por Bob Weston, o baixista de Shellac.Información de Hare Krishna no Bandcamp da banda A banda autoeditaría Hare Krishna o 1 de xullo dese ano.
O seu segundo traballo, Dalle!, foi gravado ao vivo novamente por Javier Ortiz no estudio Brazil e sería lanzado a través do selo galego Matapadre o 15 de marzo do ano 2012. O álbum foi masterizado no estudio Golden Mastering, en Ventura, California.Información de Dalle! no Bandcamp da banda Tras a publicación de Dalle!, Unicornibot tocou no festival catalán Primavera Sound e realizou pequenas xiras que levarían á banda, ademais de a varias cidades españolas, a Francia e a Portugal.
Mambotron sería o seu terceiro disco, gravado en maio de 2013 novamente no estudio Brazil. Tamén masterizado en Golden Mastering, sería publicado o 11 de setembro dese mesmo ano por Matapadre.Información de Mambotron no Bandcamp da banda
O 4 de decembro do ano 2014 a banda anunciou a través da súa páxina de Facebook que se tomaría "un descanso sen data de retorno". Unicornibot realizou o seu derradeiro concerto no Liceo Mutante de Pontevedra o día 26 de decembro dese ano.
Pouco despois da disolución de Unicornibot, Toño, Gon e Gayoso volverían a xuntarse para formar unha nova banda, diola, publicando o EP eh! de catro temas en setembro de 2015.
Discografía Álbum Ano Selo Hare Krishna 2010 autoeditado Dalle! 2012 Matapadre Mambotron 2013 Matapadre
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Blog da banda
Categoría:Grupos musicais de Pontevedra Categoría:Grupos musicais de math rock Categoría:Grupos musicais formados en 2008 Categoría:Grupos musicais separados en 2014