Freaked Out and Small é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock alternativo The Presidents of the United States of America, publicado o 12 de setembro de 2000 a través do selo MUSICBLITZ Records, unha discográfica baseada na web. As copas do disco distribuídas a través deste selo incluían no libreto o agradecemento a aqueles clientes que reservaran o disco a través da páxina de MUSICBLITZ. Eses clientes aparecen listados individualmente.
Neste álbum todos os temas foron interpretados con guitarras e baixos normais, a diferenza dos seus outros traballo, xa que a banda normalmente utiliza "guitbasses" e "basitars", que son guitarras con menos cordas e afinadas de xeito distinto.
O disco foi reeditado no ano 2004 a través do propio selo da banda, PUSA Inc., con cancións extra.
Listaxe de cancións Todos os temas compostos por Chris Ballew agás onde se indique. "Tiny Explosions" – 2:50 "Nuthin But Luv" – 2:41 "Tiger Bomb" – 3:18 "Last Girl on Earth" – 2:20 "Jazz Guy" (Dave Dederer) – 2:13 "Meanwhile Back in the City" – 3:22 "Jupiter" – 2:38 "Superstar" (Dederer) – 3:08 "Death Star" – 3:22 "Blank Baby" – 3:48 "I'm Mad" (Dederer) – 2:15 "Headin' Out" (Ballew, Dederer) – 4:15
Cancións extra da reedición "Velvet Universe" – 2:40 "Hand in Hand" – 2:11 "Tiny Explosions (demo)" – 3:13 "Nuthin But Love (demo)" – 2:27 "Tiger Bomb (demo)" – 3:24 "Last Girl On Earth (demo)" – 3:03 "Meanwhile Back in the City (demo)" – 3:13 "Jupiter (demo)" – 3:24 "Death Star (demo)" – 3:03 "Blank Baby (demo)" – 3:22
Categoría:Álbums de The Presidents of the United States of America Categoría:Álbums musicais de 2000 Categoría:Álbums producidos por Martin Feveyear