Semanario Instructivo foi un periódico semanal editado en Santiago de Compostela durante seis meses, tódolos venres de marzo a agosto de 1838.

Historia e características miniatura|Paso do Ulla por S. Xoán da Cova, Ramón Gil Rey, 1838. Subtitulado Periódico de Agricultura, Ciencias Naturales y Artes, apareceu o 2 de marzo de 1838. Fundado e dirixido polo médico e botánico José María Gil Rey e auspiciado pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, foi a primeira publicación ilustrada de Galicia, pois, xunto a artigos de física, agricultura ou historia natural, cada número incluía unha lámina litografada de Ramón Gil Rey, irmán de José María. Constaba de catro páxinas de tamaño folio, impresas a dúas columnas. Editouse nos obradoiros de José Núñez Castaño. Mantívose ata o número 27, correspondente ao 31 de agosto.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago Ligazóns externas en Galiciana.

Categoría:Prensa escrita de Santiago de Compostela Categoría:1838 en Galicia