RAM Racing foi un equipo de carreiras que competiu entre as tempadas de a . O equipo participou con chasis doutros fabricantes de a , logo correron cun March de 1981 a 1983, para participar cun coche totalmente propio en e .
Historia
Mike Ralph e John Macdonald fundaron o equipo en 1975, RAM deriva dos seus nomes. Logo de que Macdonald correra cun GRD na Fórmula Tres británica, participaron cun March na Fórmula 5000 en 1976. Tamén compraron un par de coches Brabhams BT44B de Fórmula Un, e participaron no Campionato do Mundo de , correndo con Loris Kessel e Emilio de Villota no Gran Premio español, onde non cualificaron. Kessel e outro piloto privado, Patrick Nève, clasificaron para o Gran Premio de Bélxica, logo alugaron os coches a varios pilotos Jac Nelleman, Damien Magee, Lella Lombardi e Bob Evans. Finalizaron poucas carreiras, e os pilotos de pago do equipo frecuentemente non cualificaban.
En , Boy Hayje pilotou un RAM construído por March con pouco éxito, máis tarde alugaron un segundo coche, pilotado por Andy Sutcliffe, Mikko Kozarowitzky ou Michael Bleekemolen. Tiveron certo éxito correndo con Guy Edwards no Campionato Shellsport de Grupo 8 en Gran Bretaña, terminando segundo en xeral. En 1978 o equipo pasouse a serie británica Aurora Formula One, Edwards foi 4º na xeral cun March, e 5º na tempada seguinte cun Fittipaldi F5A. En 1980, RAM mercou un par de Williams FW07 de 1979, cos que Emilio de Villota gañou o título. Logo participaron cun destes coches, pilotado por Rupert Keegan, no Gran Premio de Gran Bretaña. Kevin Cogan e Geoff Les foron invitados a correr noutro coche nas dúas últimas roldas, pero o seu mellor resultado foi o noveno lugar de Keegan no Gran Premio dos Estados Unidos.
En 1981 RAM xestionou a volta do equipo March, con Derek Daly e Eliseo Salazar como pilotos. pero, raramente o equipo era capaz de cualificar, e non puido anotar ningún punto, o sétimo lugar de Daly no Gran Premio de Gran Bretaña foi o seu mellor resultado.
A combinación mantivose unida en , co patrocinio de Rothmans, e o novo March 821 do deseñador Adrian Reynard. Co veterano Jochen Mass liderando o equipo, xunto a Raúl Boesel, as esperanzas eran altas, pero foi outro ano decepcionante. Mass logrou o sétimo lugar no Detroit Grand Prix, pero como o coche demostrou ser lento, Mass perdeu a motivación, e centrouse máis nas carreiras de autos deportivos con Porsche. A partir do Gran Premio de Alemaña, Keegan fíxose cargo do coche, pero o RAM March unha vez máis non puido anotar puntos.
A tempada de viu o nome de RAM no chasis, por primeira vez, co deseño de David Kelly, o RAM March 01. Salazar volveu pilotar o coche principal, mentres que un segundo coche pilotado por Jean-Louis Schlesser participou no Gran Premio de Francia como un feito illado. Salazar anotou un 15º lugar na apertura da tempada, pero o voluminoso coche loitaba para cualificar. Razóns financeiras provocaron que o equipo non participara no Detroit Grand Prix, mentres que participaron no Gran Premio do Canadá co piloto local Jacques Villeneuve Sr. e a colaboración dalgún patrocinador canadense. Kenny Acheson pilotou o resto da tempada, só cualificouse unha vez, na última carreira da tempada o Gran Premio de Suráfrica, onde logrou o mellor resultado do equipo do ano, o 12º e último.
miniatura| left | Manfred Winkelhock pilotando o RAM no Gran Premio de Alemaña de 1985
Asombrosamente, o equipo seguiu adiante en . A sociedade con March disolveuse, e a RAM logrou o patrocinio de Skoal Bandit. Dous coches, os RAM 02 con motores Hart turbo, foron pilotados polo campión de Fórmula Dúas Jonathan Palmer e por Philippe Alliot. O novo deseño de Kelly foi decepcionante, e os coches eran dobrados frecuentemente, o oitavo lugar de Palmer no Gran Premio do Brasil foi o seu mellor resultado do ano (e de todos os tempos). De feito, o equipo solia ser noticia polos accidentes nos que os seus pilotos estaban involucrados.
Alliot permaneceu durante , con Manfred Winkelhock no segundo coche, nun novo RAM 03 deseñado por Gustav Brunner. Winkelhock mellorou nalgunhas actuacións de cualificación, pero os resultados reais eran aínda poucos. A morte de Winkelhock nunha carreira de autos deportivos no Canadá no verán foi un golpe para o equipo, Acheson substituíuno brevemente, antes de que o equipo quedara cun só participante. Perdéronse as últimas dúas roldas. Skoal retirou o seu patrocinio ao final do ano, o mellor resultado do equipo foi o noveno lugar de Alliot, de novo no Gran Premio do Brasil.
O equipo planeaba presentar un só RAM 03 actualizado pilotado por Mike Thackwell (que xa substituíra a Palmer no Gran Premio do Canadá de 1984) para a tempada , pero non puideron conseguir fondos, e o equipo pechou durante o inverno de 1985. O equipo correría co coche #9 para 1986 segundo a lista de inscritos da FIA.
Resultados completos na Fórmula Un (Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano Chasis Motor Pilotos Nº 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Puntos Pos. Brabham BT44B Ford Cosworth DFVV8 BRA RSA USW ESP BEL MON SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA XPN - -Non participou como construtor. Emilio de Villota33 NSC Patrick Nève Ret Jac Nelleman NSC Damien Magee NSC Lella Lombardi NSC NSC 12 Loris Kessel32 NSC 12 Ret NSC NC Bob Evans Ret March 761 Ford Cosworth DFVV8 ARX BRA RSA USW ESP MON BEL SWE FRA GBR ALE AUT NED ITA USA CAN XPN - - Boy Hayje33 Ret NSC NSC NC NSC NSC Andy Sutcliffe NSCP Mikko Kozarowitzky32 NSC NSCP Michael Bleekemolen NSC Williams FW07Williams FW07B Ford Cosworth DFVV8 ARX BRA RSA USW BEL MON FRA GBR ALE AUT NED ITA CAN USA - - Rupert Keegan50 11 NSC 15 NSC 11 NSC 9 Kevin Cogan51 NSC Geoff Lees NSC RAM 01 Ford Cosworth DFVV8 BRA USW FRA SMR MON BEL DET CAN GBR ALE AUT NED ITA EUR RSA-NC Eliseo Salazar17 14 Ret NSC NSC NSC NSC Jacques Villeneuve Sr. NSC Kenny Acheson NSC NSC NSC NSC NSC NSC 12 Jean-Louis Schlesser18 NSC RAM 02RAM 01 Hart 415TS4 (t/c) BRA RSA BEL SMR FRA MON CAN DET DAL GBR ALE AUT NED ITA EUR POR-NC Philippe Alliot9 Ret Ret NSC Ret Ret NSC 10 Ret NTS Ret Ret 11 10 Ret Ret Ret Jonathan Palmer10 8 Ret 10 9 13 NSC Ret Ret Ret Ret 9 9 Ret Ret Ret Mike Thackwell Ret RAM 03 Hart 415TS4 (t/c) BRA POR SMR MON CAN DET FRA GBR ALE AUT NED ITA BEL EUR RSA AUS-NC Manfred Winkelhock9 13 NC Ret NSC Ret Ret 12 Ret Ret Philippe Alliot Ret Ret Ret Ret Ret10 9 Ret Ret NSC Ret Ret Ret Ret Ret Kenny Acheson Ret NSC Ret
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido