Soane Patita Paini Mafi, nado en Nukuʻalofa (Tonga) o 19 de decembro de 1961, é un eclesiástico católico latino, cardeal e bispo de Tonga dende 2008.

Traxectoria Soane Patita Paini Mafi naceu en Nukuʻalofa, a capital de Tonga, na illa de Tongatapu. Foi ordenado sacerdote da diocese de Tonga polo bispo Patelisio Punou-Ki-Hihifo Finau o 29 de xuño de 1991.

O 28 de xuño de 2007 foi nomeado bispo coadxutor de Tonga polo papa Bieito XVI. Recibiu a consagración episcopal de mans do bispo de Tonga Soane Lilo Foliaki o 4 de outubro de 2007, e tivo como co-consagradores principais ao arcebispo de Samoa-Apia Alapati Lui Mataeliga e ao arcebispo de Suva Petero Mataca.

Sucedeu a Soane Lilo Foliaki como bispo de Tonga o 18 de abril de 2008. O 14 de febreiro de 2015 o papa Francisco creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santa Paola Romana.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Tonga Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos de Tonga Categoría:Cardeais creados por Francisco Categoría:Cardeais de Tonga Categoría:Bispos católicos do século XX