Jean Baptiste Dieter, nado como Johannes Dieter en Einhausen (Alemaña) o 30 de setembro de 1903 e finado en Samoa o 28 de xuño de 1955, foi un eclesiástico católico latino, vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores dende 1953 até a súa morte. Traxectoria Foi ordenado sacerdote da Sociedade de María (maristas) o 29 de xuño de 1933, e a partir de 1937 comezou a traballar en Samoa. O 16 de novembro de 1953 foi nomeado vigairo apostólico do arquipélago das Navegadores e bispo titular de Ierafi. Recibiu a consagración episcopal de mans do nuncio Romolo Carboni o 19 de maio de 1954 en Apia, e tivo como co-consagrantes ao bispo de Christchurch Edward Michael Joyce e ao vigairo apostólico de Fidxi Victor Frederick Foley. Finou ao ano, o 28 de xuño de 1955; durante o seu breve pontificado tivo como principal prepcupación a formación dos sacerdotes locais, entre eles o futuro cardeal Pio Taofinuʻu, a quen ordenou sacerdote o 8 de decembro de 1954.

Distincións No seu Einhausen natal unha rúa leva o seu nome (Bischof-Dieter-Straße).

Notas

Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org

Categoría:Nados en Hessen Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Bispos católicos de Alemaña Categoría:Bispos católicos de Samoa Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Padres maristas Categoría:Relixiosos católicos de Alemaña