Javad Nekounam, nado en Ray o 7 de setembro de 1980, é un exfutbolista e adestrador iraniano, que dende 2021 dirixe o Foolad. Xogaba de mediocentro defensivo e desenvolveu a maior parte da súa carreira no PAS de Teherán e en Osasuna. No club navarro militou durante oito tempadas, sumando 197 partidos e 31 goles, e exercendo como capitán do equipo.

Histórico capitán da selección iraniana, é o futbolista con máis partidos da súa historia (151) e o seu cuarto máximo goleador (39 tantos).

Traxectoria Trala súa fichaxe no ano 2006 polo CA Osasuna converteuse no primeiro xogador iraniano na historia da Primeira División Española. Na súa primeira tempada xogou a fase de clasificación da Liga de Campións da UEFA, que perdeu contra o Hamburgo SV, entón finalmente xogou a fase de grupos da Copa UEFA, facendo historia alcanzando as semifinais contra o Sevilla FC.

En 2004 e 2013 acadara o título da liga iraniana co FC Pas Tehran e co Esteghlal FC respectivamente, amais da e Kuwait Emir Cup en 2014. Tamén foi elixido o segundo mellor xogador asiático de 2013.

Disputou dúas Copas do Mundo e catro Copas Asiáticas.

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados na provincia de Teherán Categoría:Futbolistas de Irán Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Al Wahda SCC Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Al-Arabi SC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Irán Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Adestradores de fútbol de Irán Categoría:Adestradores do Foolad FC