Maximilian Kleber, nado o 29 de xaneiro de 1992 en Würzburg, Baviera, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para os Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria profesional O 2 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB. Na súa primeira tempada en Santiago, Kleber xogou 33 partidos nos que acadou 11.5 puntos e 6.5 rebotes en 25 minutos de xogo, cunha valoración de 13.2 por encontro, sendo un dos xogadores máis importantes da tempada. O 1 de xullo de 2015, o Obradoiro anunciou a decisión de Kleber de rescindir o seu contrato e deixar o club, asinando posteriormente co FC Bayern München.

O 13 de xullo de 2017, Kleber asinou cos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Fixo o seu debut na NBA o 21 de outubro de 2017 contra os Houston Rockets. O 10 de xullo de 2019, asinou un novo contrato cos Mavericks.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en ACB.com

Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados en Würzburg Categoría:Xogadores de baloncesto de Alemaña Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores do s.Oliver Würzburg‎ Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores dos Dallas Mavericks