A Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD) é unha escola musical da cidade de Vigo. Está dirixida por Rodrigo Romaní. A escola ademais é a responsable da orquestra folk SonDeSeu, que forma parte da Rede Europea de Orquestras Folk (ENFO).

Historia O centro desvinculouse da Escola de Artes e Oficios de Vigo por motivos de políticas laborais, aínda que seguen a compartir o edificio da rúa de García Barbón.

A escola céntrase na ensinanza das músicas galegas e a súa execución cos instrumentos tradicionais na nosa cultura. Os cursos están organizados en dous itinerarios distintos: o básico e o medio-avanzado. Ao mesmo tempo as ensinanzas impártense segundo instrumento podendo asistir a aulas grupais (entre distintos instrumentos). A escola tamén imparte cursos monográficos e aulas abertas.

Mestres Director: Rodrigo Romaní. Gaita: Xaquín Xesteira. Zanfona: Anxo Pintos. Canto popular: Xisco Feijoo. Violín: Alfonso Franco. Requinta e corda: Xosé Liz de Cea. Percusión tradicional: Chuco Estevez. Acordeón diatónico: Carlos Quintá. Arpa céltica: Begoña Riobó. Ritmos e xéneros do canto: Xela Conde. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Blog da escola Rede de Orquestras Folk

Categoría:Música de Galicia Categoría:Folk Categoría:Institucións de ensino de Vigo Categoría:Música tradicional galega