Manuel Rodríguez Castelao, tamén coñecido como Insua, nado en Rianxo o 6 de setembro de 1905 e finado en Vigo o 23 de abril de 1937, foi un mestre e político galego.
Traxectoria miniatura|dereita|De esquerda a dereita: Manuel Antonio, Manuel R. Castelao, Rafael Dieste, José Losada Castelao e Laureano Lorenzo, en 1920. Fillo de Manuel Rodríguez Ínsua e Pilar Castelao Genme, casados o 31 de agosto de 1903, era medio irmán de José Losada Castelao. Estudou no Colexio León XIII de Vilagarcía. Mestre, aprobou as oposicións en 1933 e foi destinado á escola de Fincheira e despois na do Pazo. Afeccionado ao teatro e pintor, interpretou o papel do don Miguel na representación de A fiestra valdeira, de Rafael Dieste. Foi elixido concelleiro de Rianxo nas eleccións de maio de 1931, cargo do que dimitiu en outubro de 1934. Foi un dos fundadores do Partido Galeguista de Rianxo en 1933 e foi conselleiro da zona. Foi detido con motivo da folga xeral revolucionaria de 1934. En marzo de 1936 foi o delegado do gobernador civil encargado de suspender á corporación de Rianxo e nomear unha nova. Coa sublevación do 18 de xullo de 1936, fuxiu e, despois de nove meses agochado, tentou escapar no bou Eva pero foron delatados e os falanxistas asaltaron o barco. Manuel e os seus oito compañeiros decidiron suicidarse antes de caer en mans dos falanxistas.
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Comoxo, Xosé; Santos, Xesús (2009): "Manuel Rodríguez Castelao ("Insua"). Apuntes da súa curta vida (I)" e "A tráxica morte dos irmáns "Insua" (e II)"
Categoría:Concelleiros de Rianxo Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Rianxo Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Suicidas de Galicia