A Casa de York foi unha póla da casa real inglesa de Plantagenet. Tres dos seus membros convertéronse en Reis de Inglaterra a finais do século XV. A Casa de York descendía por liña paterna de Edmundo de Langley, 1º duque de York, o cuarto fillo sobrevivente de Eduardo III, e tamén eran descendentes de Leonel de Antuerpen, segundo fillo de Eduardo III. A Casa de York apoiábase nos seus devanceiros para reclamar a coroa de Inglaterra. A familia de York enfrontouse pola coroa coa Casa de Lancaster, o que comportou á Guerra das dúas rosas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Casa de York, na páxina "History of York"

Categoría:Historia de Inglaterra