Hendrik Johannes Cruijff, coñecido como Johan Cruyff, nado en Ámsterdam o 25 de abril de 1947 e finado en Barcelona o 24 de marzo de 2016, foi un futbolista e adestrador neerlandés, que xogaba como centrocampista ou dianteiro. Amplamente considerado como un dos mellores futbolistas de todos os tempos, foi o xogador máis significativo do chamado Fútbol Total, desenvolvido polo adestrador Rinus Michels no Ajax e na selección neerlandesa. Gañador de tres Balóns de Ouro nos anos 1971, 1973 e 1974, foi elixido pola IFFHS como o segundo mellor futbolista do século XX, só por detrás de Pelé.
Traxectoria Á idade de 16 anos entrou no Ajax, o club co que conseguiría os seus máis grandes éxitos (3 Copas de Europa), e comezou a asombrar a todo o mundo coa súa depuradísima técnica, velocidade, visión do xogo e carácter.
No Mundial de Alemaña, en 1974 Holanda conseguiu o subcampionato tras facer unha auténtica demostración de xogo en todo o torneo. Foi a única participación de Cruyff nun campionato do mundo e en certa medida unha decepción, xa que case todo o mundo daba por suposto que Holanda remataría como vencedora.
Tras pasar polo FC Barcelona, Cosmos, Levante e Feyenoord entre outros, retirouse coma xogador.
Faleceu en Barcelona vítima dun cancro de pulmón.
Palmarés
Xogador Ajax Eredivisie (8): 1965/66, 1966/67, 1967/68, 1969/70, 1971/72, 1972/73, 1981/82, 1982/83. Copa KNVB (5): 1966/67, 1969/70, 1970/71, 1971/72, 1982/83. Copa de Europa (3): 1970/71, 1971/72, 1972/73. Supercopa de Europa (1): 1972. Copa Intercontinental (1): 1972.
Barcelona Primeira División (1): 1973/74. Copa do Rei (1): 1977/78.
Feyenoord Eredivisie (1): 1983/84. Copa KNVB (1): 1983/84.
Adestrador Ajax Copa KNVB (2): 1985/86, 1986/87. Recopa de Europa (1): 1986/87.
Barcelona Primeira División (4): 1990/91, 1991/92, 1992/93, 1993/94. Copa do Rei (1): 1989/90. Supercopa de España (3): 1991, 1992, 1994. Copa de Europa (1): 1991/92. Recopa de Europa (1): 1988/89. Supercopa de Europa (1): 1992.
Individual Xogador Balón de Ouro (3): 1971, 1973, 1974. Balón de Bronce (1): 1975. Premio Don Balón (2): 1977, 1978.
Notas
Categoría:Nados en 1947 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Nados en Ámsterdam Categoría:Futbolistas dos Países Baixos Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Balón de Ouro Categoría:FIFA 100 Categoría:Xogadores do AFC Ajax Categoría:Xogadores do FC Barcelona Categoría:Xogadores do Levante UD Categoría:Xogadores do Feyenoord Rotterdam Categoría:Xogadores de Los Angeles Aztecs Categoría:Xogadores do Washington Diplomats Categoría:Xogadores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Adestradores de fútbol dos Países Baixos Categoría:Adestradores da selección de fútbol dos Países Baixos Categoría:Adestradores da selección de fútbol de Cataluña Categoría:Adestradores do FC Barcelona Categoría:Premio Creu de Sant Jordi Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Adestradores gañadores da Liga de Campións da UEFA