Santa Mariña de Albixoi é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Mesía. Segundo o INE en 2023 tiña 122 habitantes (61 mulleres e 61 homes) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 200 habitantes.

Patrimonio A igrexa parroquial de Santa Mariña de Albixoi, de finais do século XVI, é un exemplo de construción rural de gran sinxeleza e sobriedade. Albergou un retablo do século XVIII realizado por Casas e Novoa que foi destruído cara a 1964.

Na aldea de Xestosa consérvanse os restos dun pequeno balneario en torno á Fonte da Veiga, á que se lle atribuían propiedades curativas para a reuma, fígado e úlceras...

Festas Corpus Christi o 15 de xuño. Santa Mariña, 15 e 16 de xullo.

Lugares e parroquias Lugares de Albixoi

Parroquias de Mesía

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Mesía

Ligazóns externas Albixoi na web do concello de Mesía

Categoría:Parroquias de Mesía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa Mariña