Ángel Rizo Bayona, nado en Madrid o 7 de xuño de 1887 e finado en México en 1959, foi un político español.

Traxectoria Masón, Gran Maestre del Gran Oriente Español. Procedía da Armada, onde chegou ao grao de capitán de corveta. Foi Director Xeral da Mariña mercante. A principios dos anos vinte pasou adscrito á Comandancia de Cartaxena. Pasou á Comandancia de Ferrol a finais da Ditadura de Primo de Rivera. Nos meses anteriores á República foi desterrado as Illas Canarias. Coa República regresou a Cartaxena, onde foi elixido presidente do Comité local do Partido Radical. Nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 foi elixido deputado por Cartaxena. Nas eleccións de 1933 non obtivo acta de deputado. Logo do triunfo do Fronte Popular foi nomeado Director Xeral da Mariña Mercante e despois foi Almirante da Mariña de Guerra. Despois da Guerra civil exiliouse en México en 1942, onde finou en 1959.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Ficha na Secretaría de Gobernación. Departamento de Migración de México 'Bondareff'

Categoría:Masóns de España Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Deputados nas Cortes da II República