Arquíloco (Ἀρχίλοχος en grego antigo), nado en Paros no 712 a.C. e finado no mesmo lugar no 664 a.C.Unha biografía de Arquíloco. , foi un poeta lírico grego. A súa vida desenvolveuse ao longo da primeira metade do século VII a.C.. Os seus escritos consérvanse de forma fragmentada, e non existe consenso respecto das datas exactas nas que viviu e a autoría dalgunhas das obras que se lle atribúen. Traxectoria
Foi fillo dun nobre chamado Telesicles e dunha escrava chamada Enipo. Poeta e mercenario. Naceu en Paros, unha pequena illa xonia do mar Exeo, famosa polo seu mármore, e onde o culto a Deméter, relacionado coa poesía iámbica, era moi importante. Arquíloco, ademais de cantar ao deus Dioniso, está ligado á introdución do seu culto na súa illa. Participou na colonización de Tasos, en busca de territorio agrícola, unha localización moi próxima ás minas auríferas do litoral de Tracia. Arquíloco preséntase como poeta soldado, alguén que vivía da guerra mentres cultivaba a poesía.
Pasou a súa vida entre as loitas políticas e as rivalidades de Paros. Segundo Critias por ese motivo arruinouse economicamente, contraeu numerosas inimizades, e empobrecido marchou a Tasos. Terminou os seus días durante a defensa de Paros na guerra contra Naxos, illa próxima.
Trala súa morte gozou en Paros de gran popularidade e erixiron no seu honor un monumento funerario (ou unha especie de templo, o Archilocheion) no que se atopou unha longa inscrición pertencente ao século -IV na que, a modo de conto popular, se explica a iniciación do poeta nos ritos dionisíacos, e a profecía que presenciou o seu pai anunciando a posterior fama do seu fillo.
Fíxose famoso na Antigüidade e pasou á posteridade como personaxe polémico a través de Plutarco. As súas obras foron igualmente polémicas, tanto polos seus ataques virulentos contra variados personaxes e a súa habilidade para crearse inimizades, como por contradicir con algúns dos seus versos os valores bélicos da época. Nietzsche cítao como o primeiro artista "subxectivo", cuxos versos, segundo este filósofo, non outorgan coñecemento, polo cal podería ser "o auténtico non artista" "O Nacemento da Traxedia" Cap. 5).
Prometido con Neobula, o pai daquela, Licambes, outorgou á súa filla a alguén que supoñía un mellor partido, ao que Arquíloco respondeu con composicións ofensivas que se recollen no chamado Papiro de Colonia, no que acusaba a Neobula de ser unha muller sen moral e relataba con detalles un encontro sexual coa súa irmá máis nova. Os versos resultarían tan ferintes que, segundo a lenda, levaron ao suicidio a Licambes e ás súas fillas.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Adrados, Francisco R.: Líricos griegos elegiacos y yambógrafos arcaicos. Edición bilingüe. Alma Máter. Bonifaz Nuño, Rubén: Antología de la lírica griega. Edición bilingüe. UNAM. México. 1988. Ferraté, Joan: Líricos griegos. El Acantilado. Barcelona. García Gual, Carlos: Antología de la poesía lírica griega. Alianza Editorial. Madrid. Rodríguez Tobal, Juan Manuel: El ala y la cigarra. Fragmentos de la poesía arcaica griega no épica. Edición bilingüe. Hiperión. Madrid. 2005. Suárez de la Torre, Emilio: Antología de la lírica griega arcaica. Cátedra. Madrid. Suárez de la Torre, Emilio: Yambógrafos griegos. Gredos. Madrid.
Ligazóns externas
Textos de Arquíloco: En Wikisource: En italiano En grego Textos en grego no sitio da Bibliotheca Augustana (Augsburgo).
Categoría:Escritores da literatura clásica Categoría:Escritores en lingua grega antiga Categoría:Lírica Categoría:Poetas de Grecia Categoría:Nados en -712 Categoría:Nados na periferia do Exeo meridional
Categoría:Finados en -664