dereita|miniatura|Río Alvedosa, que xunto ao río Pexegueiro forma o esteiro. O esteiro de Redondela é un pequeno esteiro situado no concello pontevedrés de Redondela. Está formado pola desembocadura dos ríos Alvedosa e Pexegueiro, que finalmente tributan á enseada de San Simón, na ría de Vigo. Está delimitado pola Punta da Portela no suroeste e a Punta da Canteira no noroeste. O esteiro é unha área de importante marisqueo, xa que os ríos que nel desembocan arrastran unha gran cantidade de sedimentos de gran fino que dan lugar a unha chaira intermareal e áreas de marisma na súa beira.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Enseada de San Simón Río Alvedosa Río Pexegueiro Ligazóns externas Geocaching: estuario de Redondela. Información do esteiro de Redondela en Geocaching.

Categoría:Xeografía de Redondela Redondela