Solidaridad Obrera foi un periódico editado na Coruña entre 1920 e 1922 de tendencia anarquista.

Historia e características Periódico de carácter sindicalista, apareceu en abril de 1920 en substitución do voceiro da Federación Local da CNT La Voz del Obrero. O cambio de nome veu como consecuencia das decisións tomadas no chamado Congreso de la Comedia, celebrado no Teatro de la Comedia, en Madrid, entre o 10 e o 18 de decembro de 1919, que foi o segundo congreso nacional da CNT. Nela se propuxo a potenciación dos órganos escritos a través do xornal Solidaridad Obrera, que iría implantarse en numerosas localidades españolas ou aumentar o número das súas edicións naquelas nas que xa existía. José Villaverde Velo fundou e dirixiu, primeiro, o xornal en Vigo e, probablemente, axudou a facer o mesmo na Coruña.

Cesou a súa publicación a comezos de 1922.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia da Coruña

Categoría:Prensa anarquista de Galicia Categoría:Prensa escrita da Coruña Categoría:1920 en Galicia