Rogelio Diz Fuentes, nado en Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) en 1912 e finado en México en 2003, foi un político galego.

Traxectoria Foi labrego e canteiro. Militante da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar o 21 de xaneiro de 1937 con Luis Doeste Mariño, José Manuel García González, Eugenio Lamas Bugallo, Manuel Fernández Oubiña, Antonio Názara Pesado, José Vidal Bugallo, Manuel Ucera Barros, Manuel Rey Ucera, Salvador Vidal Fontán, José Caneda Blanco, Tomás Romero Vidal, Daniel Robado Castro, Manuel Abalo Lamas, Manuel Teira López, Luis Diz Reimúndez, Laureano Fernández Caamaño, Germán Quintela Novoa, Aurelio Parejo González, Dámaso Carrasco Duaso e Luís Bouza-Brey Trillo,El Diario de Pontevedra, 22-1-1937, p. 2. foi condenado a cadea perpetua.

Preso na illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona. Participou na fuga do 22 de maio de 1938 e foi autor da letra do himno da fuga "Camarada, ya se abrieron las puertas...". O seu irmán Manuel Diz Fuentes foi asasinado polos franquistas o 29 de setembro de 1938. Foi posto en liberdade por conmutación en setembro de 1940. Exiliouse en México. O seu fillo Rogelio Diz Rubianes recompilou a súa biografía no libro Memorias, pensamientos y versos (2001). Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Memorias e versos

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de México Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1912 Categoría:Finados en 2003 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes