Santa Susanna é un municipio catalán, pertencente á provincia de Barcelona, localizado na comarca do Maresme. Está situado no litoral, entre Malgrat de Mar e Pineda de Mar.

Situación left|250px|thumb|Praza do concello Está situado entre os concellos de Malgrat de Mar e de Pineda de Mar, seguindo a estrada N-II que os atravesa. Polo norte, tamén limita cos termos de Tordera e de Palafolls.

Historia Existen datos sobre a vila desde o ano 1024, pero a súa historia comeza, polo que sabemos, nas terras do val situado entre o monte de Gràcia e o da Guàrdia, cando os campesiños da zona decidiron poblalas. Parece que os antigos habitantes, campesiños, decidiron poboar primeiro a zona superior da riera, a parte alta de Santa Susanna, para estar protexidos dos perigos do mar. Pero pouco a pouco fóronse poboando tamén as zonas máis próximas á costa. Naceron entón casas como Can Ratés, Can Jordà ou Can Mestres.

Demografía Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2010 404 434 455 5655091.9083.308

Localidades Can Torrent-Alta Maresma i Can Gelat Santa Susanna Zona Hotelera la Muntanya el Pla la Riera la Vall-Can Ratés

Economía 250px|thumb|right|Masía de Can Bonet d'Avall 250px|thumb|right|Capela de Santa Susanna Actualmente a actividade económica principal é o turismo. Teceu un modelo propio especializado no turismo de sol, praia e natureza. Este destino turístico ten varias certificacións como a Marca de Turismo Familiar e a Marca de Turismo Deportiva outorgadas pola Axencia Catalá de Turismo.

Santa Susanna conta cunha ampla e variada oferta de aloxamentos de calidade, ademais da oferta de actividades que ofrece a Estación Náutica e o Centro de Bicicleta de montaña entre outras ofertas complementarias.

Pola súa localización na Costa do Maresme, Santa Susanna convértese nun punto estratéxico preto de Barcelona e Xirona, excelente punto de partida para efectuar con rapidez e comodidade excursións aos lugares máis importantes do país, tanto no interior coma na próxima Costa Brava ou na cidade de Barcelona.

Lugares de interese Torre de Can Ratés Torre do Mas Galter Torre de Can Bonet d'Avall Pla de la torre Torre Montagut Igrexa parroquial de Santa Susanna Capela do Sant Crist Capela de Sant Isidre Capela de Santa Susanna Ermida da Virxe de Gràcia Muíño d’en Jordà

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web do concello Información da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya

Categoría:Concellos da provincia de Barcelona