Manuel Montero Corbeira, nado en Fene cara a 1888 e finado en Ferrol o 30 de agosto de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Dirixente socialista de Fene, colaborou en Fene Solidario e foi administrador de Cultura Campesina. Emigrou a Cuba e foi secretario da sociedade Naturales del Ayuntamiento de Fene na Habana en 1918.El Correo Gallego, 6-9-1918, p. 2. Retornado a Galicia, foi secretario da sociedade Café Galicia da Coruña en 1926.El Ideal Gallego, 22-5-1926, p. 2. En 1930 presidiu a Agrupación socialista da Coruña,El Pueblo Gallego, 28-1-1930, p. 10. e volveu ser elixido presidente en 1931 e 1932.El Ideal Gallego, 17-1-1932, p. 3. Formou parte da candidatura socialista ás eleccións de novembro de 1933. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi sacado de casa cunha corda xunto ao seu cuñado Luis Martínez Hermida. Ambos apareceron mortos na porta do cemiterio de Catabois.

Notas

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Nados en Fene Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos