Jerryd Andrew Bayless, nado o 20 de agosto de 1988 en Phoenix (Arizona), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Sichuan Blue Whales da Chinese Basketball Association (CBA). Mide 1,91 metros de altura, e xoga nas posicións de base e escolta.

Traxectoria profesional Bayless foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Indiana Pacers. Os Portland Trail Blazers adquiriron os dereitos de Bayless xunto a Ike Diogu de Indiana a cambio dos dereitos de Brandon Rush, que fora elixido na 13ª posición, xunto a Jarrett Jack e Josh McRoberts. O acordo foi completado o 26 de xuño de 2008, pero foi anunciado o 9 de xullo de 2008.

O 23 de outubro de 2010, Bayless foi traspasado ós New Orleans Hornets a cambio dunha elección condicionada de primeira rolda do Draft.

O 20 de novembro de 2010, Bayless foi traspasado ós Toronto Raptors xunto a Peja Stojaković, a cambio de Jarrett Jack, Marcus Banks e David Andersen.

O 13 de xullo de 2012, Bayless asinou un contrato de varios anos cos Memphis Grizzlies.

O 7 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre os Grizzlies, os Boston Celtics, e os Oklahoma City Thunder. Memphis traspasou a Bayless a Boston, e eleccións de segunda rolda do Draft de 2014 e 2017 a Oklahoma City, a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2016, e Courtney Lee dos Celtics. Coma parte da operación, Ryan Gomes foi tamén traspasado dos Thunder ós Celtics.

O 31 de xullo de 2014, Bayless fichou polos Milwaukee Bucks.

O 12 de novembro de 2018, Bayless foi traspasado xunto a Robert Covington, Dario Šarić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Justin Patton e Jimmy Butler.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil de Bayless en NBA.com Estatísticas de Jerryd Bayless

Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Phoenix Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves