Lista de emperadores bizantinos
Advertencias preliminares
É difícil determinar cando exactamente termina o Imperio Romano e comeza o Imperio Bizantino. En 284, Diocleciano dividiu o Imperio Romano en dúas metades: oriental e occidental, con propósitos administrativos. Algúns historiadores sinalan como primeiro emperador bizantino a Constantino I, o primeiro emperador cristián, que mudou a capital imperial a Constantinopla. Outros sinalan a Valente, ao consideraren que a Batalla de Adrianópolis (378) é un dos puntos históricos distintivos frecuentemente utilizados para sinalar o comezo da Idade Media. Outros, a Arcadio, tratando a Teodosio I como último emperador dun Imperio Romano unificado, ou a Zenón, porque Rómulo Augústulo, último emperador de Occidente, foi deposto durante o seu reinado. Algúns datan o cambio tardiamente, con Heraclio, que substituíu o tradicional título romano de "Augusto" polo de "Basileus" e deixou de usar o latín, impoñendo o grego como lingua oficial. Os especialistas en numismática sinalan os cambios producidos por Anastasio I en 498, ao impoñer o sistema grego de numeración. Por certo, os bizantinos continuaron chamando "Romano" ao seu imperio por máis dun milenio. Os agrupamentos dinásticos que aparecen neste artigo seguen a opinión máis xeneralizada entre os historiadores, pero outras fontes poden indicar agrupamentos lixeiramente distintos. De feito, algúns dos agrupamentos son convencionais, e non unha "dinastía" no sentido propio do termo.
Emperadores Romanos
Ver Lista de emperadores romanos
Dinastía Constantiniana miniatura|Constantino o Grande. Constantino I o Grande (272 - 337, emperador de 306 a 337). Constancio II (317 - 361, emperador de 337 a 361) - fillo de Constantino I. Xuliano o Apóstata (331 - 363, emperador de 361 a 363) - xenro de Constantino I, cuñado e primo de Constancio II, neto de Constancio I.
Non dinástico
Xoviano (332 - 364, emperador de 363 a 364) - soldado de Xuliano.
Dinastía Valentiniana-Teodosiana
Valente (328-378, emperador de 364 a 378) - irmán do Emperador de Occidente Valentiniano I. Teodosio I o Grande (346-395, emperador de 379 a 395) - casado cunha sobriña de Valente. Arcadio (377-408, emperador de 395 a 408) - fillo de Teodosio I. Teodosio II (401-450, emperador de 408 a 450) - fillo de Arcadio. Marciano (392-457, emperador de 450 a 457) - xenro de Arcadio, cuñado de Teodosio II.
Dinastía de León
León I o Grande (401-474, emperador de 457 a 474). León II (467-474, emperador en 474) - neto de León I. Zenón I -Tarasicodissa- (425-491, emperador de 474 a 491) - xenro de León I, primeiro esposo de Ariadne, pai de León II. Basilisco (emperador de 475 a 476) - Emperador rival, cuñado de León I. Anastasio I o Isáurico (430-518, emperador de 491 a 518) - xenro de León I, segundo esposo de Ariadne.
Dinastía Xustiniana
Xustino I o Grande (450-527, emperador de 518 a 527). Xustiniano I o Grande (482-565, emperador de 527 a 565) - sobriño de Xustino I. Xustino II (520-578, emperador de 565 a 578) - sobriño de Xustiniano I Tiberio II Constantino (540-582, emperador de 578 a 582) - sogro dun sobriño neto de Xustino I, adoptado por Xustino II en 574. Mauricio Tiberio (539-602, emperador de 582 a 602) - xenro de Tiberio II.
Non dinástico
Focas o Tirano (???-610, emperador de 602 a 610) - derrocou a Mauricio.
Dinastía dos Heráclidas
Heraclio (575-641, emperador de 610 a 641). Constantino III Heraclio (612-641, emperador en 641) - fillo de Heraclio. Heracleonas Constantino (626-641, emperador en 641) - fillo de Heraclio, medio irmán de Constantino III. Constante II Heraclio Pogonato ("o Barbado") (630-668, emperador de 641 a 668) - fillo de Constantino III. Constantino IV (649-685, emperador de 668 a 685) - fillo de Constante II. Xustiniano II Rhinotmetus ("Nariz Cortado") (668-711, emperador de 685 a 695) - fillo de Constantino IV.
Non dinásticos
Leoncio II (emperador de 695 a 698) - xeneral de Xustiniano II. Tiberio III Apsimar (emperador de 698 a 705) - soldado, derrocou a Leoncio II.
Restauración
Xustiniano II Rhinotmetus - reinstaurado, goberna novamente de 705 a 711.
Non dinásticos
Filípico Bardanes (emperador de 711 a 713) - soldado, usurpador. Anastasio II (??? -721, emperador de 713 a 715) - non dinástico, secretario de Filípico, electo polo Senado. Teodosio III (emperador de 715 a 717) - recadador de impostos, proclamado emperador polas tropas rebeldes.
Dinastía Isáurica
León III o Isáurico (675-741, emperador de 717 a 741). Constantino V Copronymus ("o do nome de excremento") (718-745, emperador en 741) - fillo de León III. Artabasdo (emperador rival, de 741 a 743) - xenro de León III, cuñado de Constantino V. Constantino V Copronymus - reinstaurado, de 743 a 775. León IV o Xázaro (750-780, emperador de 775 a 780) - fillo de Constantino V. Constantino VI o Cegado (771-797, emperador de 780 a 797) - fillo de León IV. Irene a Ateniense (755-803, emperatriz de 797 a 802) - esposa de León IV, nai de Constantino VI.
Non dinásticos
Nicéforo I o Logoteta Xeral (emperador de 802 a 811) – logoteta baixo Irene. Estauracio (emperador en 811) - fillo de Nicéforo I. Miguel I Rangabé (emperador de 811 a 813) - xenro de Nicéforo I, cuñado de Estauracio. León V o Armenio (775-820, emperador de 813 a 820) - xeneral de Miguel I.
Dinastía Amoriana
Miguel II o Tatexo ou o Amoriano (770-829, emperador de 820 a 829) - xenro de Constantino VI. Teófilo (813-842, emperador de 829 a 842) - fillo de Miguel II. Miguel III o Borracho (840-867, emperador de 842 a 867 - fillo de Teófilo.
Dinastía Macedonia miniatura|250px|Basilio I e o seu fillo León VI. Basilio I o Macedonio (811-886, emperador de 867 a 886) - casou coa viúva de Miguel III. León VI o Sabio (866-912, emperador de 886 a 912) - suponse fillo de Basilio I, aínda que probabelmente fose fillo de Miguel III. Alexandre III (870-913, emperador de 912 a 913 - fillo de Basilio I. Constantino VII Porfiroxénito ("o nacido púrpura") (905-959, emperador de 913 a 959) - fillo de León VI. Romano I Lecapeno (coemperador) (870-948, coemperador de 920 a 944) - sogro de Constantino VII. Romano II Porfiroxénito (939-963, emperador de 959 a 963) - fillo de Constantino VII. Nicéforo II Focas (912-969, emperador de 963 a 969) - casou coa viúva de Romano II; padrasto de Basilio II e Constantino VIII. Xoán I Tzimisces (925-976, emperador de 969 a 976) - cuñado de Romano II. Basilio II Bulgaróctono ("o matador de búlgaros") (958-1025, emperador de 976 a 1025) - fillo de Romano II. Constantino VIII Porfiroxénito (960-1028, emperador de 1025 a 1028) - fillo de Romano II, irmán de Basilio II. Romano III Arxiro (968-1034, emperador de 1028 a 1034 - xenro de Constantino VIII, primeiro esposo de Zoe. Miguel IV o Paflagonio (1010-1041, emperador de 1034 a 1041 - casado coa viúva de Romano III, segundo esposo de Zoe. Miguel V o Calafate (1015-1042, emperador de 1041 a 1042 - primo de Miguel IV. Zoe Porfiroxénita, (978-1050, rexenta de 1028 a 1050) - filla de Constantino VIII. Constantino IX Monómaco (1000-1055, emperador de 1042 a 1055 - casado coa viúva de Miguel IV (terceiro esposo de Zoe). Teodora Porfiroxénita (980-1056, emperatriz de 1055 a 1056) - filla de Constantino VIII, irmá de Zoe.
Non dinástico
Miguel VI Estratiótico (emperador de 1056 a 1057) - elixido por Teodora.
Dinastía Ducas-Comneno miniatura|dereita|Nomisma coa efixie de Isaac I Comneno. Isaac I Comneno (1007-1060, emperador de 1057 a 1059) - derrocou a Miguel VI. Constantino X Ducas (1006-1067, emperador de 1059 a 1067) - sucedeu a Isaac I trala renuncia deste. Romano IV Dióxenes (1032-1072, coemperador de Miguel VII entre 1067 e 1071) – casado coa viúva de Constantino X, Eudocia Makrembolitissa. Miguel VII Ducas Parapinakes (1050-1090, emperador de 1067 a 1078) – fillo de Constantino X. Nicéforo III Botaniates (1001-1081, emperador de 1078 a 1081) – casado coa viúva de Miguel VII. Aleixo I Comneno (1057-1118, emperador de 1081 a 1118) - sobriño de Isaac I; casado cunha sobriña neta de Constantino X. Xoán II Comneno (1087-1143, emperador de 1118 a 1143) – fillo de Alexo I. Manuel I Comneno (1118-1180, emperador de 1143 a 1180) – fillo de Xoán II. Aleixo II Comneno (1169-1183, emperador de 1180 a 1183) – fillo de Manuel I. Andrónico I Comneno (1118-1185, emperador de 1183 a 1185) – neto de Alexo I, sobriño de Xoán II, primo irmán de Alexo II, casado coa viúva de Alexo II.
Foi a dinastía que resolveu ata certo punto a grande crise do século XI, aínda que foron convocadas cruzadas na súa axuda, o imperio dos Comneno non soubo aproveitar estas cruzadas, que acabaron por seren prexudiciais. O primeiro destes emperadores, Alexo I Comneno, deu salvado o imperio dos normandos, pero desamigouse dos cruzados e non accedeu a expulsar os selxúcidas do centro de Anatolia, un erro fatal, pois posteriormente o imperio no tería capacidade para facelo. O seu sucesor Xoán II Comneno tampouco non deu expulsado os turcos, xa que temía controlar un imperio demasiado poderoso e, polo tanto, demasiado difícil de controlar. O seguinte emperador Manuel I Comneno foi o último emperador que intentou conquistar Italia e refacer o Antigo Imperio Romano, pero non o conseguiu xa que o imperio non tiña os medios suficientes para tal empresa militar; posteriormente intentou conquistar o califato de Iconium pero foi emboscado en Miriocéfalo, e tivo que ceder territorio para salvar a súa vida; a pesar dos seus pouco graves fracasos, Manuel I Comneno conseguiu poñer Bizancio á cabeza dos reinos cristiáns en poderío e prosperidade. O seguinte emperador foi Alexo II Comneno, un menor de idade que foi asasinado antes de poder liberarse dos seus rexentes. O asasino de Alexo II foi Andrónico I Comneno, un ancián demente que fixo moito dano ao Imperio. Pero este imperio seguiría debilitándose coa dinastía Ánxelo antes de caer en 1204 ante a cuarta cruzada.
Dinastía Anxo
Isaac II Anxo (1156-1204, emperador de 1185 a 1195) – tataraneto de Aleixo I. Aleixo III Anxo (1153-1211, emperador de 1195 a 1203) – irmán de Isaac II. Isaac II Anxo (coemperador de 1203 a 1204) - reinstaurado en 1203 como coemperador de Aleixo IV. Aleixo IV Anxo (1182-1204, emperador de 1203 a 1204) – fillo de Isaac II. Aleixo V Ducas Murzuflo ("o das cellas mestas") (1140-1204, emperador en 1204) – xenro de Aleixo III.
Toma de Constantinopla polos Cruzados
En 1204, os cruzados toman e saquean Constantinopla, executan a Aleixo V (a instancias de seu sogro, Aleixo III) e fundan o Imperio Latino, impoñendo a Balduíno IX, conde de Flandres, como emperador. Ao se impoñeren, reclamarán os territorios do Imperio Bizantino, aínda que so exercerán control efectivo sobre algunhas áreas de Grecia, a cidade e territorios adxacentes. Mentres tanto, os aristócratas bizantinos fundaron novos estados, controlando gran parte do territorio: o Imperio de Nicea, o Imperio de Trebisonda e o Despotado de Epiro serían os máis influentes. A sucesión imperial lexitimada polo Patriarca de Constantinopla (e, na práctica, por superioridade militar), quedará en mans dos emperadores de Nicea, que recuperarán a capital bizantina logo de 57 anos de ocupación latina.
Dinastía Láscaris (Imperio de Nicea)
Teodoro I Láscaris (1174-1222, emperador de 1204 a 1222 en Nicea) – xenro de Aleixo III. Xoán III Ducas Vatatzés (1192-1254, emperador de 1222 a 1254 en Nicea) – xenro de Teodoro I. Teodoro II Láscaris (1221-1258, emperador de 1254 a 1258 en Nicea) – fillo de Xoán III. Xoán IV Ducas Láscaris (1250-1305, emperador de 1258 a 1261 en Nicea) – fillo de Teodoro II.
Dinastía Paleólogo
Miguel VIII Paleólogo (1224-1282, emperador de 1259 a 1282 en Nicea e desde 1261 en Constantinopla) - bisneto de Aleixo III. Andrónico II Paleólogo (1258-1232, emperador de 1282 a 1328; co-emperador: Miguel (IX) Paleólogo en 1294-1320) - fillo de Miguel VIII.