San Martiño de Cerdido é unha parroquia do concello de Cerdido, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 601 habitantes (303 homes e 298 mulleres), distribuídos en 33 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 679 habitantes.

Xeografía Cerdido está situada na parte occidental do concello do seu nome. Os lindes desta extensa parroquia son: polo norte as parroquias de San Román de Montoxo e San Xiao de Montoxo do concello de Cedeira, separadas ámbalas dúas polo río das Mestas. Polo leste limita coa parroquia da Barqueira; polo sur limita con Abade e Vilaboa, parroquias dos concellos de Moeche e Valdoviño respectivamente. Finalmente polo noroeste, o río das Mestas sepáraa das parroquias cedeiresas de Esteiro e San Román de Montoxo.

Catro pequenos ríos atravesan esta parroquia de leste a oeste. Son o Rioforcado e o Pontellas na parte norte, e o Pombeiro e o Barbelas na sur, que se veñen a xuntar pouco antes de desembocar no Porto de Cabo.

A estrada de Espiñaredo a Porto de Cabo atravesa a parroquia polos lugares de Díaz, Regueiro Longo, Barcia, A Vila da Igrexa e Pontellas.

Na xurisdición eclesiástica forma parte do arciprestado de Xuvia, pertencente á diocese de Mondoñedo-Ferrol.

Patrimonio No lugar da Vila da Igrexa érguese a igrexa parroquial e a antiga escola de nenas, e en Socastro hai un grupo escolar de indianos para nenos construído pola sociedade Hijos del Ayuntamiento de Cerdido de Cuba, que foi a sucesora doutra sociedade.

Lugares e parroquias Lugares de Cerdido

Parroquias de Cerdido

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cerdido

Categoría:Parroquias de Cerdido Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Martiño