Emilio Canda Adán, nado na Lama e finado en Ribadavia en abril de 1938, foi un xornalista, escritor e empresario galego.
Traxectoria Estudou nos Seminarios de Tui e Ourense. Foi fundador e director do Colexio Balmes de Vigo e despois creou outros en Fornelos de Montes e Ribadavia (1907). Como xornalista formou parte da redacción de El Criterio Gallego e El Independiente e colaborou en La Revista Popular e El Áncora de Pontevedra, La Integridad, El Lucense, Revista Gallega, Diario de Galicia e Aires d'a miña terra de Buenos Aires. Instalado en Ribadavia fundou e dirixiu Noticiero del Avia entre 1910 e 1937, onde, segundo Carballo Calero, asinaba unha sección de contido satírico titulada "Paliques". Finou en Ribadavia en abril de 1938.Noticia en Diario de Pontevedra, 19-4-1938, p. 2.
Obras Publicou en castelán as novelas Argentina (1895) e Luz y sombra (Cuentos y novelitas) (1901). En galego é autor de dous relatos que apareceron na Revista Gallega: "¡Olla...!" (1888), "O señor Pedro" (1898) e o texto "¡Galego!... A moita honra" (1906).
Vida persoal Casou en Ribadavia con Sofía Pérez en 1898 e foi pai de Emilio e Mario Canda Pérez.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Xornalistas da Lama Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados na Lama Categoría:Finados en 1938 Categoría:Nados en ano descoñecido