Strange Days é un filme estadounidense de xénero suspense-ciberpunk dirixido por Kathryn Bigelow que se estreou en 1995. Foi coescrito e producido por James Cameron e está protagonizado por Ralph Fiennes, Angela Bassett, Juliette Lewis, Tom Sizemore, Vincent D'Onofrio e Michael Wincott. Foi un fracaso comercial pola escasa recadación, que só conseguiu unha fracción dos custos.

O filme foi nomeado a cinco Premios Saturn, incluíndo os nomeamentos a "Mellor filme de ciencia ficción", "Mellor guión" para Cameron e Cocks e "Mellor actor" para Fiennes. Angela Bassett gañou o premio a "Mellor actriz" e Bigelow converteuse na primeira muller en gañar o premio a "Mellor director".

Sinopse Faltan dous días para a chegada do ano 2000 e as rúas da cidade dos Ánxeles están ateigadas de xente. Lenny, que foi expulsado da Brigada Antivicio, dedícase á captación de clientes para venderlles uns clips que reproducen as vivencias doutras persoas.

Personaxes Ralph Fiennes como Lenny Nero Angela Bassett como Lornette "Mace" Mason Juliette Lewis como Faith Justin Tom Sizemore como Max Peltier Michael Wincott como Philo Gant Vincent D'Onofrio como Burton Steckler William Fichtner como Dwayne Engelman Glenn Plummer como Jeriko One Brigitte Bako como Iris Josef Sommer como Palmer Strickland Nicky Katt como Joey Corto Richard Edson como Tick Michael Jace como Wade Beemer David Packer como Lane

Galardóns e nomeamentos Ano Asociación Categoría Nomeado(s) Resultado 1996 Premios Saturn Mellor actor Ralph Fiennes Nomeado Mellor actriz Angela Bassett Gañadora Mellor director Kathryn Bigelow Gañadora Mellor filme de ciencia ficción Strange Days Nomeado Mellor guión James Cameron, Jay Cocks Nomeado

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 1995 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kathryn Bigelow Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Lightstorm Entertainment Categoría:Filmes rodados nos Ánxeles Categoría:Filmes ciberpunk Categoría:Filmes distópicos Categoría:Filmes ambientados en 1999